
Dende hai máis de século e medio veñen perfeccionando a súa receita e podes atopalas en calquera pastelería do casco urbano ou da contorna. A orixinaria, data de 1865 cando a “Tía Luísa” deixou Ribadavia para asentarse en Ponteareas xunto a súas sobriñas Rogelia e Mª Pepa por recomendación dun médico da zona, quen lles aconsellara trasladarse á vila do Tea por carecer de pastelería nin rosquillaría, ao que elas se dedicaban no seu pobo natal. As tres mulleres puxeron en marcha a primeira pastelaría no barrio da Castiñeira e chamárona “Tía Luísa”. Aí comezou unha tradición que se foi perpetuando xeración tras xeración por unha rama da familia. Así Rogelia casou anos despois con José Rodríguez e dos nove fillos que tiveron, tres deles continuaron perpetuando o bo facer da familia como rosquilleiros, unha dedicación familiar que chega aos nosos días.