2 horas e 30 minutos
6,9 Km.
Circular
Baixa
Esta senda circular ten un especial interese polo valor paisaxístico e cultural. Piñeiros e salgueiros acompañarante no teu camiño que comeza no Convento de Canedo, unha das xoias do barroco da nosa vila. No traxecto chegarás á pedra do Equilibrio, unha das formacións pétreas máis singulares que atoparás entre as moitas que hai na Picaraña. A senda continúa polo Albergue Xuvenil e ascende ata a Capela de Santa Cruz, no cumio da Picaraña, que reúne cada ano a centos de persoas no mes de maio. Unha romaría que se fai dende a construción da capela en 1907.
Neste punto aproveita para descansar, para sentarte e gozar da paisaxe e das vistas panorámicas sobre o val do río Tea. Agora só queda baixar.
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |