Ruta Dos Penedos Da Picaraña (PR-G 120)

Duración

2 horas e 30 minutos

Lonxitude

7,19 Km.

Ruta

Circular

Dificultade

Moderada

Nesta ruta sorprenderaste por un museo natural. As formacións rochosas con posicións imposibles, marcan o carácter desta senda circular que podes comezar no cruceiro do barrio da Serra, na parroquia de Arcos, ou nos arredores da Ermida das Angustias. No teu percorrido atoparaste con 20 penedos de diversos tamaños, catalogados polos seus nomes orixinais e as lendas que se lles atribúen. Ao inicio da ruta está o Coto do Castro, un outeiro no que se asenta un xacemento castrexo de grandes dimensións.

Na súa contorna sitúase o Penedo do Castro. Detente neste punto e contempla a espléndida panorámica da igrexa e da Casa Reitoral de Arcos, dos Montes da Paradanta e de San Nomedio. O camiño continúa cara á dereita por un bosque de carballos e piñeiros que adornan o sendeiro ata chegar ao máis coñecido de todos, o Penedo do Equilibrio. A senda continúa por un piñeiral que agocha no seu interior o Penedo de Orencio, que foi unha canteira nos anos 50.

Dende este punto podes ascender ao Alto da Picaraña por ambos os lados. Se colles o camiño da esquerda visitarás o Penedo da Adega de San Isidro e o miradoiro do Penedo da Pía. Na baixada tamén atoparás moitas opcións para coñecer o noso patrimonio cultural e natural, xa que descenderás por un vía crucis ata a Ermida de Santa Cruz. Dende este punto comeza o regreso por unha pista forestal cara ao barrio de Serra pola outra vertente da lareira. Neste tramo, non te perdas o Penedo do Sombreiro e a Laxe de Coto.

Barrio de A Serra
Coto do Castro
Penedo do Equilibrio
Mirador Penedo da Pía
Cruz da Picaraña
A Chan da Virxe
O Coto
Barrio de A Serra