Ruta Mestres Cerviño

Se o que che gusta é a pedra e a escultura esta é unha ruta obrigada xa que dous dos escultores e canteiros máis prestixiosos de Galicia deixaron a súa pegada en Ponteareas, Ignacio e Xosé Cerviño, aos que se lle outorga a autoría do cruceiro de Hío, un dos máis afamados de Galicia. Ao igual que neste caso, a autoría das súas obras tamén é difusa na nosa vila, pero o que si é claro e que os dous deixaron mostras da súa mestría co cicel no noso concello.

Obras que debes ver se queres coñecer a boa man dos Cerviños, son o Panteón que está situado no adro da igrexa Parroquial de Pías, a Fonte da Fama ou dos Remedios e o Cruceiro de Fortes que se atopa no portal de entrada dunha casa no barrio de As Cachadas. Pero será no cemiterio municipal onde verás un verdadeiro museo de Xosé e Ignacio con varios panteóns da súa autoría.

Panteón no adro da igrexa Parroquial de Pías
Fonte da Fama ou dos Remedios
Cruceiro de As Cachadas
Cemiterio Municipal