Ruta polo centro da vila

Para que coñezas a esencia de Ponteareas tes que perderte polas súas rúas, polas súas prazas, xardíns e zona comercial. Esta ruta de carácter lineal comeza no centro da vila na Casa Consistorial. O seu impoñente edificio sitúase no centro do casco urbano rodeado de xardíns onde atoparás os bustos de dous ilustres do municipio, o compositor Reveriano Soutullo e o político Gabino Bugallal Araujo.

Continúa o teu percorrido pola Praza de Bugallal, á que podes acceder a través da Avenida da Constitución. Aquí déixate sorprender pola Igrexa de San Miguel. Continúa pola rúa Oriente, onde se atopa a antiga casa da familia Troncoso. Observa o portalón de entrada porque aquí atoparás un cruceiro do mestre Cerviño, un dos máis ilustres canteiros da época. Segue por esa rúa e chegarás a Praza Maior, lugar de ocio e de descanso.

Outro dos puntos de visita obrigada pola importancia que ten a música no noso concello é a Praza da Música, á que accederás seguindo a rúa da Esperanza e descendendo pola rúa Hidalgo. No teu camiño cruzarase co Auditorio Reveriano Soutullo e a praza de abastos. Nas proximidades, visita o Conservatorio de Música e a Biblioteca. Neste último edificio, tamén ten a súa sede o Museo Municipal, testemuña da historia de Ponteareas e do Condado.

A última parada do percorrido é o parque de San Roque coa Ponte dos Remedios, a Capela de do mesmo nome e a praia fluvial, onde descansar e desfrutar de calma e sosego nun entorno natural e cheo de historia.

 Casa Consistorial
 Praza de Bugallal
 Praza Maior
 Praza da Música
 Conservatorio de Música
 Biblioteca - Museo Municipal
 Parque de San Roque