Senda do Río Uma

Esta senda caracterízase polo verdor mesto da súa vexetación que crece ás beiras deste pequeno afluente do Tea.  Nace na parroquia de Salvaterra do Miño que lle dá nome e discorre paseniño ata a súa desembocadura. Noutra hora o seu caudal foi maior e así o demostran os numerosos muíños de auga que atopamos no seu camiño. Sinte a tranquilidade e a paz que traslada este entorno que recende a vida e a natureza.

Desfruta das pequenas xoias que atoparás no traxecto, como a ponte medieval de Cabalón na parroquia de Angoares, ou a pequena fervenza localizada neste tramo do leito. A mesta vexetación composta por freixos, carballos e amieiros serán os teus acompañantes ao longo de toda a senda que posúe un gran valor ecolóxico e forma parte dos ecosistemas de Interese Prioritario para a Unión Europea.

Punto de interese
 Punto de interese