Mámoas

Para descubrir algúns dos restos arqueolóxicos máis antigos de Ponteareas visita as Mámoas do Alto do Marco, situado entre as parroquias de Ribadetea (Ponteareas) e Louredo (Mos), e a Mámoa do Alto do Marco, localizada na zona da Cillarga. Dúas construcións funerarias propias das sociedades prehistóricas con forma de peito de muller ou mama, de aí o seu nome.

No seu interior dispuñan dunha cámara sepulcral onde enterrarían ás persoas falecidas do clan. Sorprenderaste polo bo estado de conservación destas construcións que tamén servían como elemento divisorio entre dous territorios.