Miradoiro de San Cibrán

Hai un lugar no Concello de Ponteareas dende onde podes ver dous países. Dende o Miradoiro de San Cibrán percibirás a grandeza do noso territorio. O Val do Tea, a Serra do Suído, os Montes de Portugal e o río Miño moldeando co seu discorrer o territorio. En días solleiros e cuns bos prismáticos, intuirás o Océano Atlántico.

Se xiras 160 graos, as montañas serán as protagonistas. Elevacións e máis elevacións cheas dun verdor intenso e ao fondo o casco urbano de Ponteareas.

Non terás dificultade para atopar a mellor vista e a mellor foto. Só tes que situarte no marco de formigón, orientado cara a saída do sol e dende el divisar a comarca do Condado e o río Tea.

Este tamén é un lugar privilexiado para contemplar o noso firmamento. O Miradoiro de San Cibrán de Guláns é un dos tres miradoiros pertencentes á rede de miradoiros do Condado-Paradanta, xunto ao Faro de Avión e San Nomedio.

A capela, os restos dun castro e o Penedo Pé de Porras, que forma unha especie de monumento megalítico, son outro dos atractivos deste cumio que en días de brétema fainos levitar sobre un manto de nubes.

DISFRUTA DAS VISTAS DENDE O MIRADOIRO DE SAN CIBRÁN!

Observatorio astronómico de Couso-Guláns

A poucos metros do miradoiro e seguindo a estrada cara ao Alto de San Cibrán, atoparemos o observatorio nocturno sobre o parque forestal Couso-Guláns.