Ponteareas Fluvial

Ponteareas é auga e elas son as que deron forma ao seu territorio. O río Tea e o Uma enchen de atractivo e beleza un territorio que penetra en ti dende os pulmóns ata a pel. A humidade do súa vexetación, o son das follas dos amieiros, salgueiros e freixos, o tacto das augas frías dos seus leitos e a recendo poderoso da súa vexetación abrázante e énchente de vida.

Río Tea

Coñecer a esencia de Ponteareas é coñecer o río Tea. As súas augas vertebran o noso territorio e as súas beiras dotan ao lugar de enclaves con gran valor ecolóxico e ambiental, o que lle valeu ser incluído na “Rede Natura 2000” da Unión Europea. O seu curso fluvial nace na Serra do Suído e desemboca cincuenta quilómetros despois no río Miño, no concello de Salvaterra do Miño.

Un paseo por algunha das numerosas rutas que hai pola súa beira servirá para que coñezas o seu bosque de ribeira con salgueiros, amieiros, freixos, sanguiños e carballos, entre os que habitan os merlos, gabiáns, picapeixes ou as londras.

Das súas augas sae un dos manxares máis deliciosos da comarca, a lamprea, que é capturada de noite cun método tradicional que require moita destreza e habilidade. Pero tamén viven no seu leito troitas e, noutro tempo, eran comúns as anguías.

Río Umia

Este pequeno río discorre paseniño entre as árbores tupidas das súas marxes. Sobresae pola frondosidade da súas vexetación. Un bosque de ribeira composto por amieiros que entrelazan as súas pólas por riba da súa canle creando un fermoso pasadizo vexetal. Pasea pola súas beiras no verán e sentirás o frescor e humidade do seu leito.