Sendeiro dos Muíños de Couso

Duración

30 minutos

Lonxitude

2 Km.

Ruta

Lineal

Dificultade

Baixa

Esta é unha ruta de gran valor etnográfico na que ao longo de dous quilómetros mergullaraste nunha das reliquias mellor conservadas da etnografía do noso municipio, os muíños do río Couso. O regato que ves hoxe en día pouco ten que ver con aquel lle daba forza ás moas dos seis muíños que atoparás no teu percorrido. Párate no primeiro deles, porque é unha das rarezas que poucas veces atoparás en Galicia, un muíño con roda vertical de madeira. Algúns destes muíños teñen máis de 200 anos e sorprenderaste polo bo estado de conservación, grazas aos traballos de restauración que se fixeron nos últimos anos.

Continúa ascendendo polo bosque mesto que rodea este entorno. O camiño está habilitado con pasarelas de madeira e escaleiras para facilitar o ascenso neste percorrido cheo de fermosura onde tamén coñecerás como era o proceso de moenda ou de fabricación do pan.

Se o corpo che pide continuar paseando e gozando da natureza podes seguir por algúnha das dúas rutas que tamén pasan por este punto, a Senda das Greas e a Senda dos penedos de San Cibrán.

Río Couso
Muíños restaurados
Muíños da Laxe