Muíños

Camiñando por algunha das rutas que bordean os nosos ríos, cruzaraste con estas construcións que formaban parte da vida dos nosos antepasados. Os muíños de auga que ademais de para moer o gran que empregaban como base para a alimentación tanto das persoas como dos animais era centro de reunión e relación con persoas doutros lugares.

Non terás dificultade para atopalos, porque en Ponteareas hai máis de cen, algúns deles restaurados e que aínda moen. 

Muíños de Couso

Con preto de 200 anos de antigüidade están os muíños de Couso, situados na parroquia de Guláns, unha das xoias etnográficas do municipio que non podes deixar de visitar. Seis muíños hidráulicos que son unha representación das tipoloxías existentes en toda Galicia. No seu interior aínda recende a fariña e gran. Toca as moas do muiño e sinte a súa suavidade que dá conta dos milleiros de veces que deron voltas para conseguir o que era a base da alimentación da época.

  • MUÍÑO NOVO: materiais interpretativos sobre a fauno e flora do río Couso.
  • MUÍÑO DO PONTILLON: mateirais interpretativos sobre as partes e funcionamento dos muíños.
  • MUÍÑOS VELLO: materiais sobre a cultura inmaterial.
  • MUÍÑO PEQUENO: panel sobre a historia destes muíños.
  • MUÍÑO DE ARRIBA: materiais interpretativos sobre o cultivo de cereais e a moenda.
  • A MOLINERA: muíño do tipo acea restaurado pola asociación.